Arquitectura dzong

Fortaleza Trongsa, en Bután.

Arquitectura dzong (en tibetano: རྫོང་, en transliteración Wylie: rDzong) é o nome dado ó estilo no que se construíron unha serie de fortalezas-mosteiro nas rexións do sur do Himalaia, especialmente en Bután.[1] Os espazos, patios e edificios, quedan definidos por unha construción masiva de muros pautados con torres. Estas fortificaciones construíronse con fins militares, relixiosos (servían de fogar a monxes budistas), e administrativos. Os dzongs existen dende os primeiros séculos do segundo milenio, aínda que a súa época de esplendor foi o século XVII.

  1. Royal Ark

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy